OS NOSOS DEPORTES

FÚTBOL SALA

Este é un deporte similar ao fútbol, con regras diferentes, que se xoga en piso liso entre dous equipos de cinco xogadores. Ata a década de 1980, o deporte tivo un regulamento, a partir de ahí e durante aproximadamente 10 anos se mantivo ata que rematou a inicios do século XXI, dende entón está regulamentado por dúas organizacións: AMF e FIFA que estableceu as regras e competencias diferentes, razón pola que algúns especialistas creen que son dous deportes diferentes, chamados futsal ou fútbol de salón no caso da AMF e tamén futsal ou fútbol sala no caso da FIFA.

O deporte foi inventado en 1930 polo uruguaio Juan Carlos Ceriani, un profesor de educación física en Uruguai, que inicialmente o denominou indoor soccer. O deporte gañou rápidamente popularidade debido ao fervor da primeira Copa do Mundo de 1930 organizada e gañada por Uruguai, rápidamente expandeuse por América do sur e o resto dos continentes.

A Primeira División feminina de fútbol sala é a máxima categoría do fúbtol sala feminino en España, organizada polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Federación Española de Fútbol dende a súa creación en 1994 ata finalizar a tempada 2019-2020. A partir da tempada 2020-2021 é organizada polo Comité Profesionalizado.



BALONCESTO

O baloncesto​ (do inglés basketball; de basket, 'canastra', e ball, 'pelota'), tamén coñecido como básquetbol, basquetbol ou simplemente básquet,​ é un deporte de equipo, xogado entre dous conxuntos de cinco xogadores cada un durante catro períodos ou cuartos de dez minutos cada un​ ―doce minutos cada cuarto na NBA―. O obxectivo do equipo é anotar puntos introducindo un balón pola canastra, un aro a 3,05 metros sobre a superficie da pista de xogo do que colga unha rede. A puntuación por cada canastra ou cesta é de dous ou tres puntos, dependendo da posición dende a que se efectúa o tiro a canastra, ou de un, si se trata dun tiro libre por unha falta dun xogador contrario. O equipo gañador é o que obtén o maior número de puntos.


DATCHBALL

O Datchball nace durante o curso escolar 2005/2006 no Colexio Deputación Provincial de educación primaria, na localidade de Brea de Aragón, Zaragoza. Neste ximnasio, o mestre de educación física, Roberto Navarro, xunto co alumnado de 5º de primaria, elaboran o primeiro regulamento do que hoxe en día, é o deporte do Datchball. Durante os posteriores dous anos nestes colexio creáronse as primeiras ligas de Datchball dos recreos e se formaban os primeiros equipos. A súa difusión a través dos blogues educativos e das redes sociais foi en aumento.

No curso escolar 2008/2009 o Datchball xa é moi coñecido na Comarca de Aranda e nos arredores de Zaragoza, incluso nalgunhas zonas de España comezan a interesarse polo mesmo. O Datchball foi presentado como recurso educativo por primeira vez nas "X Xornadas de Educación Física en Calataiud, Zaragoza, no ano 2010: "O Datchball Escolar".


COLPBOL

O Colpbol é un deporte colectivo de invasión desputado por dous equipos mixtos formados por 7 xogadores, nun espazo claramente definido, a finalidade dos cales é introducir, a base de golpeos coas mans, unha pelota na portería contraria. A Habilidade básica do Colpbol é o golpeo. É a base do xogo. A pelota só se pode xogar a base de golpeos coas mans, brazos o u parte superior do corpo. Ademais (regra fundamental do xogo) NUNCA, ningún xogador pode golpear a pelota dúas veces consecutivas (dobres).

PROHIBIDO:

  • Facer dobre toque.
  • Toque intencionado coas pernas ou pés.
  • Golpear o balón co puño pechado.
  • Reter, agarrar ou lanzar o balón cunha ou ambas mans.
  • Empurrar ou coller ao contrario.
  • Non respectar as distancias nos saques.


BALONKORF

O balonkorf consiste en introducir un balón completamente polo cesto do equipo contrario, valendo cada enceste 1 punto. O equipo que consiga máis puntos á finalización do tempo de xogo, será o gañador do partido.

  • É un deporte mixto.
  • Existe unha completa rotación de cambio de roles (ataque e defensa).
  • As regras están pensadas para favorecer a colaboración entre os compoñentes do equipo.
  • As diferenzas de condición física quedan disminuidas.
  • A participación dos diferentes sexos se realiza en igualdade de condicións.
  • Para lograr o éxito nas xogadas hai que apoiarse necesariamente nos compañeiros.
  • Non require equipamentos especiais nin custosos.
  • A agresividade está moi controlada neste deporte.
  • Favorece a relación entre sexos.


Todos los derechos reservados | CEIP VIRXE DO PORTAL 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar