NORMATIVA

KINGS LEAGUE SOBRADO DOS MONXES

Para a práctica das diferentes modalidades deportivas teremos que seguir as seguintes normas marcadas polos socios fundadores da seguinte liga tan importante a nivel mundial. Formaremos equipos mixtos de 7 compoñentes (nenas e nenos no mesmo equipo). Tendo as seguintes regras:

  • Cada equipo poñerá un nome ao seu equipo e creará un escudo do mesmo.
  • As modalidades deportivas serán: fútbol, baloncesto, datchball, balonkorf, bádminton, baile, colpbol... (se poderán engadir novas modalidades ao longo do curso)
  • Xogaremos partidos coa duración dos tempos de lecer. Os equipos que non xogan serán os que terán que arbitrar e animar.
  • Haberá un calendario cos partidos unha vez se realicen os equipos.
  • En cada partido un compoñente de cada equipo escollerá unha carta que pode empregar cando desexen, pero só a poderán abrir no momento que eles decidan. As cartas teñen posibilidades diferentes e se cambiarán cada semana (vantaxes)
  • Cada vitoria nun partido reporta 3 puntos, o empate 1 punto e a derrota 0 puntos
  • Xogo limpo: por ofender aos contrarios, compañeiros/as, etc. se restará un punto na clasificación (-1)
  • Por faltas de respecto ao árbitro se resta un punto (-1)
  • Se non se coida o material se resta un punto (-1)
  • Se realiza unha clasificación final de todo o centro educativo coas puntuacións semanais.
  • O equipo vencedor recibirá un premio para cada compoñente do mesmo.

Todos los derechos reservados | CEIP VIRXE DO PORTAL 2024

Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar